xoves, 23 de xullo de 2015

OBRADOIRO ARTE EN CÓMIC E PINTURA: A ESCALETA E OS PERSONAXES






Boas a tod@s!!! Na clase de hoxe seguiremos profundizando na creación do noso cómic. Elixidos xa a idea e o argumento, agora toca concretar:

a) Definir a historia; Inicio, Nudo e desenlace.
b) Escaleta.

Para axudarvos no desenvolvemento destas tarefas tedes aquí os seguintes documentos:

1) Características da distopías, xa que decidíchedes escribir en torno a este subxénero: 


2) Cómo facer unha escaleta:



martes, 21 de xullo de 2015

XERACOCIÓN VLOGGER: CREACIÓN LITERARIA ON LINE "DE QUÉ IMOS HABLAR"




Boas chic@a!! Hoxe traballamos sobre un dos elementos máis relevantes da narración... É non pode ser outra cousa que elixir o tema do que imos falar. Os temas habituais da literatura son o amor, e o desamor (obviamente, de feito este útimo soe ser o máis protagonista de todos), a morte, a busca da liberdade, o paso do tempo,.. Aínda que o único denominador común, e tratar temas que nos inspiren e inspiren aos outros a soñar cos nosos soños. Aquí vos deixo material que empregamos na clase para que practiquedes coas vosas ideas e algún material complementario.

Como resumo do falado na clase anterior, tras facer o noso primeiro relato colectivo, déixovos un esquema dos pasos a seguir nunha narración coas preguntas máis importantes para crear un relato... Porque sempre,... Sempre... as preguntas serán o máis importante para construir os nosos relatos:


E... PROPOÑO UNHA ACTIVIDADE PARA ESTA SEMANA...

Quero que, tras a clase de hoxe, na que vimos que libros lles gustan aos nosos compañeiros, aconsellemos un libro a un compañeiro da clase.

luns, 20 de xullo de 2015

OBRADOIRO ARTES ESCÉNICAS E DANZA URBANA: SESIÓN 2


Romeo e Xulieta
Frank Dicksee 1884


E continuamos, imos coa nosa segunda sesión xa centrándonos na emoción, a emoción coa palabra. Nesta volveremos a Verona e xogaremos nela coas verbas de Xulieta e Romeo, de Tebaldo ou Mercucio; primeiro co que expresan a primeira vista, antes de meternos co que fechan no fondo. Despois viaxaremos cara o presente e poremos a esas emocións palabras actuais e veremos, por suposto, similitudes e diferenzas.

Comezamos cunha ligazón sobre as emocións na danza e expresión corporal:

E xa que estamos naquela Italia, e falamos da expresión física, déixovos unha páxina sobre a Comedia dell´arte, onde se fala das súas personaxes principais e características. Pensade que por aquel entón facíase teatro, e todo o que é hoxe o teatro, son tres milenios de historia.
Como curiosidade que teredes que buscar no texto: a orixe da palabra “pantalón” (si, outra que ven do teatro) E como xogo, a cada personaxe de Comedia dell´arte asignádelle unha personaxe dunha serie, película, libro, animación...



Hamlet...sobran as palabras, palabras, palabras... por iso sen máis preámbulos déixovos este vídeo de Kevin Kline na personaxe de Hamlet e Diane Venora no de Ofelia; Non é un vídeo con calidade de imaxe, e ademais...si..está en inglés (sempre podedes coller o texto traducido para saber o que din) mais hoxe non importa; só observade, deixádevos levar polo que vos transmiten as personaxes e logo me contades, que xa sabedes que podedes comentar.


E para rematar, outro pouco de cine. Sobre todo, fixádevos na ambientación da película.

Shakespeare in love” de John Madden

sábado, 18 de xullo de 2015

OBRADOIRO FOTOGRAFÍA CREATIVA E ANIMACIÓN 3D: COMEZAMOS





Moi boas a todas e todos, comezamos as entradas de fotografía cunha obra dun xenio desta arte, Eugène Atget. Xa sabedes que nos centraremos na luz e no encadre, comezando polo máis importante, a luz...sen luz non existe a fotografía, sen ela non poderiamos pintar coas nosas cámaras.

E agora imos cunhas ligazóns interesantes.

Hai certas cousas que temos que ter en conta para manexar unha cámara en modo manual e sacarlle partido á nosa creatividade. Aquí vos deixo unha serie de vídeos curtiños da canle MakingUFeel onde explica de forma sinxela a Apertura, Velocidade e Iso, fundamentais para manexar a luz.


Uns cantos truquiños para darlle un uso creativo ás cámaras dos vosos teléfonos móbil.


O querido Beakman explícanos os principios da fotografía cun sinxelo experimento para fabricar unha cámara escura.
Unha gran serie para quen lle guste experimentar coa ciencia


Agora volve mirar a foto desta entrada...que ves nela? Que che fai sentir? Que te transmite?

xoves, 16 de xullo de 2015

OBRADOIRO: ARTE EN CÓMIC E PINTURA




Boas a todos e todas!!
Hoxe no obradoiro de "Arte en cómic e pintura", traballaremos as características da Narrativa Visual e iniciáremos na arte de contar historias a través da imaxe. Para iso analizaremos o papel que xoga a imaxe en diferentes tipos de narrativas visuais (cómic, álbum ilustrado, novela gráfica,...) Empregaremos para iso, o material que vos mesmos traïades ao obradoiro, porque non hai nada mello que coñecer o maravilloso mundo de contar historias que a través das historias que máis nos emocionan.

Como material complementario ao traballo realizado no obradoiro, deixámosvos os seguintes enlaces:

Para coñecer os pasos a seguir na creación de relatos, podes axudarte do seguinte esquema:


Para saber máis sobre o mundo Manga...

Para a próxima semana imos iniciarnos na creación de personaxes Manga, así que para ir quentando motores, deixámosvos uns enlaces para que vaiades practicando durante a semana:

Déixovos o documento coa estrutura de cómic que elixíchedes na clase para que vaiades trabalando nela. Lembrade que na próxima clase comezamos coa "Escaleta":

OBRADOIRO XERACIÓN VLOGGER: CREACIÓN LITERARIA ON LINE: CREANDO O NOSO BLOG/ VLOG



Na sesión de hoxe aprenderemos a "Crear o noso blog/ vlog" para poder levar a cabo un dos obxectivos do obradoiro: crear na rede un espazo de comunicación que os permita expoñer as vosas ideas, intereses,... Ou sexa compartir o voso incrible mundo persoal, con todos aqueles e aquelas que o desexedes. Un espazo aberto para ver como as vosas ideas crecen... e crecen... Atrapando a moita mais xente. Crecendo vos a cada paso, e facendo máis grandes a aqueles que teñan a oportunidade de compartir as vosas ideas.
Para axudarvos no voso proceso creativo, deixamos as seguintes ligazóns que poden ser do voso interese:


Para coñecer as características que definen aos contos ou relatos curtos:Caracteristicas relato curto ou conto


Para disfrutar dun maravilloso espazo creativo e saborear versos moi doces, podedes visitar o seguinte blogue:Arbol de mandarinas


Finalmente, para profundizar moito máis no deseño e creación dos vosos blogues ou vloggues, podedes consultar o seguinte tutorial:


Videos:Tutorial para crear o teu blog en Blogger


Déixovos o relato que resultou da dinámica de creación literaria "As miñas palabras favoritas":
RELATO CREADO POR VOSOUTROS
 
 
Animóvos a que compartades con todos e todas, finais alternativos, cambios na trama,... Deixade os vosos comentarios.


E PARA FINALIZAR...


.Gustaríanos saber, ¿QUÉ LIBRO ESTAS A LER ACTUALMENTE?

OBRADOIRO ARTES ESCÉNICAS E DANZA URBANA: SESIÓN 1





Benvidos e benvidas ao obradoiro de Artes Escénicas e Danza.Cómo xa sabes este ano traballaredes cos vosos mestres de danza e interpretación a obra de "Romeo e Xulieta", de William Shakespeare. Nesta primeira sesión, faredes xogos de construcción física de personaxes en base a unha característica (orgulloso, timido,...), primeiro na Verona de Shakespeare, e despois, trasladados ao presente.

Para axudaros a comprender a obra de Shakespeare e mergullaros no mundo do teatro isabelino, deixamos unha serie de enlaces do voso interese:


Ligazons interesantes:

"Estudio 1":Video de Estudio 1


Videos:

Documental de la 2:El enigma de Shakespeare

Películas recomendadas: