Amosando publicacións coa etiqueta XULLOD. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta XULLOD. Amosar todas as publicacións

martes, 28 de xullo de 2015

OBRADOIRO ARTES ESCÉNICAS E DANZA URBANA: SESIÓN 3


Moi boas a todas e todos.
Xa vimos a importancia do vestiario, como nos condiciona poñernos unha perruca, un traxe, vestido ou complemento. Como troca o noso rol, a nosa forma de camiñar ou comportarnos. Aquí un pequeno vídeo da importancia do vestiario e como se traballa para que sume ao espectáculo segundo as súas necesidades.


Como segundo enlace, déixovos estes apuntes sobre o noso espazo de traballo nas Artes Escénicas. Neles tendes esquemas, debuxos e diagramas das partes que compoñen un Teatro á italiana. A información é bastante completa, así que, a familiarizarse coa nomenclatura teatral.


E por último, unha pequena parte de “Las Troyanas” de Euripides, unha montaxe de Mario Gas. Aquí podedes ver á personaxe de Hécuba interpretada pola actriz Gloria Muñoz. Troianas é unha traxedia grega, un texto representado no 415 a.c.


Que observades nel? Na escenografía, no vestiario, e por suposto na interpretación. Comentade, comentade.
E por suposto se queredes recomendar algunha obra de teatro que virades ou lerades, non dubidedes en facelo.


luns, 20 de xullo de 2015

OBRADOIRO ARTES ESCÉNICAS E DANZA URBANA: SESIÓN 2


Romeo e Xulieta
Frank Dicksee 1884


E continuamos, imos coa nosa segunda sesión xa centrándonos na emoción, a emoción coa palabra. Nesta volveremos a Verona e xogaremos nela coas verbas de Xulieta e Romeo, de Tebaldo ou Mercucio; primeiro co que expresan a primeira vista, antes de meternos co que fechan no fondo. Despois viaxaremos cara o presente e poremos a esas emocións palabras actuais e veremos, por suposto, similitudes e diferenzas.

Comezamos cunha ligazón sobre as emocións na danza e expresión corporal:

E xa que estamos naquela Italia, e falamos da expresión física, déixovos unha páxina sobre a Comedia dell´arte, onde se fala das súas personaxes principais e características. Pensade que por aquel entón facíase teatro, e todo o que é hoxe o teatro, son tres milenios de historia.
Como curiosidade que teredes que buscar no texto: a orixe da palabra “pantalón” (si, outra que ven do teatro) E como xogo, a cada personaxe de Comedia dell´arte asignádelle unha personaxe dunha serie, película, libro, animación...



Hamlet...sobran as palabras, palabras, palabras... por iso sen máis preámbulos déixovos este vídeo de Kevin Kline na personaxe de Hamlet e Diane Venora no de Ofelia; Non é un vídeo con calidade de imaxe, e ademais...si..está en inglés (sempre podedes coller o texto traducido para saber o que din) mais hoxe non importa; só observade, deixádevos levar polo que vos transmiten as personaxes e logo me contades, que xa sabedes que podedes comentar.


E para rematar, outro pouco de cine. Sobre todo, fixádevos na ambientación da película.

Shakespeare in love” de John Madden

xoves, 16 de xullo de 2015

OBRADOIRO ARTES ESCÉNICAS E DANZA URBANA: SESIÓN 1





Benvidos e benvidas ao obradoiro de Artes Escénicas e Danza.Cómo xa sabes este ano traballaredes cos vosos mestres de danza e interpretación a obra de "Romeo e Xulieta", de William Shakespeare. Nesta primeira sesión, faredes xogos de construcción física de personaxes en base a unha característica (orgulloso, timido,...), primeiro na Verona de Shakespeare, e despois, trasladados ao presente.

Para axudaros a comprender a obra de Shakespeare e mergullaros no mundo do teatro isabelino, deixamos unha serie de enlaces do voso interese:


Ligazons interesantes:

"Estudio 1":Video de Estudio 1


Videos:

Documental de la 2:El enigma de Shakespeare

Películas recomendadas: