Amosando publicacións coa etiqueta XULLOF. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta XULLOF. Amosar todas as publicacións

domingo, 26 de xullo de 2015

OBRADOIRO FOTOGRAFÍA CREATIVA E ANIMACIÓN 3D: LUZ

Soldado ruso tocando un piano abandonado en Chechenia(1994)

Hai imaxes que gardan a historia, imaxes crúas ou esperanzadoras, instantes dun tempo que marchou ou que nunca quixo irse. Escollín esta para vos. Transmíteme unha esperanza dentro da guerra. Un piano só, maltratado e triste que por un intre volve a ter vida, volve ser agarimado, volve falar. Que melodía estará a tocar este estraño pianista?
E como actividade propoño o seguinte: 
Buscade imaxes históricas que vos impacten e compartídeas con todos e todas nós, respondendo ao porqué de tal impacto.


E imos cun par de ligazóns.

Primeiro déixovos unha do curso “Un año de fotografía” organizado por CAMON e coordinado por un gran profesional da fotografía: José Benito Ruiz. Esta é a sesión “Entender la luz” onde nos falan da luz e as súas cualidades.
Sei que é un vídeo longo, pero merece da pena. Todo o curso merece a pena.


Segundo. Da man da canle de youtube “Experimentos Caseros”, aquí tedes un pequeno tutorial básico de ligth painting. Unha técnica moi divertida, e máis antiga do que parece, coa que podedes experimentar.



Continuara...

sábado, 18 de xullo de 2015

OBRADOIRO FOTOGRAFÍA CREATIVA E ANIMACIÓN 3D: COMEZAMOS





Moi boas a todas e todos, comezamos as entradas de fotografía cunha obra dun xenio desta arte, Eugène Atget. Xa sabedes que nos centraremos na luz e no encadre, comezando polo máis importante, a luz...sen luz non existe a fotografía, sen ela non poderiamos pintar coas nosas cámaras.

E agora imos cunhas ligazóns interesantes.

Hai certas cousas que temos que ter en conta para manexar unha cámara en modo manual e sacarlle partido á nosa creatividade. Aquí vos deixo unha serie de vídeos curtiños da canle MakingUFeel onde explica de forma sinxela a Apertura, Velocidade e Iso, fundamentais para manexar a luz.


Uns cantos truquiños para darlle un uso creativo ás cámaras dos vosos teléfonos móbil.


O querido Beakman explícanos os principios da fotografía cun sinxelo experimento para fabricar unha cámara escura.
Unha gran serie para quen lle guste experimentar coa ciencia


Agora volve mirar a foto desta entrada...que ves nela? Que che fai sentir? Que te transmite?