Moi
boas a todas e todos, comezamos as entradas de fotografía cunha obra
dun xenio desta arte, Eugène
Atget.
Xa sabedes que nos centraremos na luz e no encadre, comezando polo
máis importante, a luz...sen luz non existe a fotografía, sen ela
non poderiamos pintar coas nosas cámaras.
E agora imos cunhas
ligazóns interesantes.
Hai certas cousas que
temos que ter en conta para manexar unha cámara en modo manual e
sacarlle partido á nosa creatividade. Aquí vos deixo unha serie de
vídeos curtiños da canle MakingUFeel onde explica de forma sinxela
a Apertura, Velocidade e Iso, fundamentais para manexar a luz.
Uns cantos truquiños
para darlle un uso creativo ás cámaras dos vosos teléfonos móbil.
O querido Beakman
explícanos os principios da fotografía cun sinxelo experimento para
fabricar unha cámara escura.
Unha gran serie para quen
lle guste experimentar coa ciencia
Agora volve mirar a foto
desta entrada...que ves nela? Que che fai sentir? Que te transmite?

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para engadir imaxes aos comentarios
[img]URL da imaxe[/img]
Para engadir video aos comentarios
[video]URL do vídeo[/video]