Romeo e Xulieta
Frank Dicksee 1884
Frank Dicksee 1884
E
continuamos, imos coa nosa segunda sesión xa centrándonos na
emoción, a emoción coa palabra. Nesta volveremos a Verona e
xogaremos nela coas verbas de Xulieta e Romeo, de Tebaldo ou
Mercucio; primeiro co que expresan a primeira vista, antes de
meternos co que fechan no fondo. Despois viaxaremos cara o presente e
poremos a esas emocións palabras actuais e veremos, por suposto,
similitudes e diferenzas.
Comezamos
cunha ligazón sobre as emocións na danza e expresión corporal:
E
xa que estamos naquela Italia, e falamos da expresión física,
déixovos unha páxina sobre a Comedia dell´arte, onde se fala das
súas personaxes principais e características. Pensade que por aquel
entón facíase teatro, e todo o que é hoxe o teatro, son tres
milenios de historia.
Como
curiosidade que teredes que buscar no texto: a orixe da palabra
“pantalón” (si, outra que ven do teatro) E como xogo, a cada
personaxe de Comedia dell´arte asignádelle unha personaxe dunha
serie, película, libro, animación...
Hamlet...sobran
as palabras, palabras, palabras... por iso sen máis preámbulos
déixovos este vídeo de Kevin Kline na personaxe de Hamlet e Diane
Venora no de Ofelia; Non é un vídeo con calidade de imaxe, e
ademais...si..está en inglés (sempre podedes coller o texto
traducido para saber o que din) mais hoxe non importa; só observade,
deixádevos levar polo que vos transmiten as personaxes e logo me
contades, que xa sabedes que podedes comentar.
E
para rematar, outro pouco de cine. Sobre todo, fixádevos na
ambientación da película.
“Shakespeare
in love” de John Madden
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para engadir imaxes aos comentarios
[img]URL da imaxe[/img]
Para engadir video aos comentarios
[video]URL do vídeo[/video]